Ars Metrica

Ars Metrica 201012

Presentación

As Journées d’études métriques cel­eb­ra­das na primavera de 2006 na Uni­versité ELTE de Bud­apest foron o marco no que un grupo de es­pe­cialis­tas (entre os que es­taban Domi­n­ique Billy, José Domínguez Ca­par­rós, Iván Hor­váth, Pat­riz­ia Noel ou Levente Seláf) es­table­ceu as bases dunha rev­ista elec­trón­ica que, ded­icada ex­clu­siva­mente á métrica, botaba a an­dar ese mesmo ano baixo o nome Ars Met­rica. Ao form­ar parte do con­sello de re­dac­ción da rev­ista, a súa dir­ec­ción en­comend­oun­os, hai aprox­im­a­da­mente un ano, a co­ordinación dun número mono­gráfico ded­ic­ado ás can­ti­gas galego-por­tugue­sas. Cir­cun­stan­cias di­ver­sas fix­er­on que a empresa se fose adi­ando, mais dur­ante este tempo es­tablécer­onse con­tac­tos con vari­os estudosos e fi­nal­mente foron nove os es­pe­cialis­tas que se an­i­m­a­ron a par­ti­cipar nun prox­ecto que se pro­poñía ad­en­trarse nunha cuestión que, xa no se­gundo cuarto do século XVI, chamara a aten­ción dun per­son­axe, o hu­manista itali­ano An­gelo Colocci, que estuda as can­ti­gas dos re­latores con­fec­cion­ados polo seu en­cargo —en par­tic­u­lar o can­cioneiro iden­ti­fic­ado como B, hoxe na Bib­li­oteca Nacion­al de Lis­boa (cód. 10991)— con an­ota­cións marx­inais que, entre out­ros moitos as­pec­tos, se de­teñen na con­fig­uración retórica, métrica e rimát­ica das mes­mas. E isto porque os que in­aug­ur­aron a ex­presión lírica en lin­gua vul­gar fix­er­on da me­dida dos ver­sos e da rima as bases sobre as que se apoiaba a com­posi­ción duns tex­tos que, ade­mais, ían acom­paña­dos de melodía, se­gundo se de­spren­de do es­pazo re­ser­vado nos manuscri­tos para a nota­ción mu­sic­al —e mesmo a con­ser­va­ción desta para as com­posi­cións de Mar­tin Codax e al­gun­has do pro­lífico Don Denis—, así como da util­iza­ción dos vo­cábu­los can­tigacan­tar por parte dos pro­pi­os trobadores e xo­grares para referi­rse ás súas pezas ou das dis­putas lit­er­ari­as que teñen a súa orixe na in­com­pet­en­cia pro­fe­sion­al de quen, como Lourenço, non sabía manex­arse nas artes de rimariguar. Read more